OS EMPREGOS II

Os nenos/as da aula de Garbanciño tamen quixeron saber o que se sentía sendo cociñeiros e para iso deixamos que manipulasen os utensilios de cociña.

As crianzas das aulas de 1-2 anos quixemos traballar un pouquiño como fan as nosas mamás e papás, así que decidimos converternos en…
Grandes Panadeiros.

As /os nenas/os de Cebra Camila fixemos o noso propio Pan. Que divertido foi amasar o pan!  A masa estaba riquísima, senón preguntádello a nosa amiguiña Andrea.

Os/AS ratiños e ratiñas tamén fixemos as nosas barriñas de pan, e para iso o primeiro que fixemos foi lavar as mans.
Mirade que concentrados estamos traballando.

Na Aula dos Tres Porquiños pasámolo moi ben amasando a fariña, ao final saíronnos unhas barras de pan ben xeitosas.

Os nenos/as da aula de Chibos da tarde elaboramos diversas receitas con ingredientes que nos deron as nosas mestras e cos utensilios que nos prestou Geni, a nosa cociñeira

TrackBack URI | RSS para os comentarios desta anotación


Deixar un comentario