Arquivos de: Febreiro 20, 2009

OS EMPREGOS V

As nenas e os nenos da nosa galescola descubrimos que moitas das nosas mamás e avoas adícanse a un mesmo emprego, son Perruqueiras!!
E tivemos a gran sorte de que algunhas delas aproveitaron o seu día libre nos seus traballos para vir a ensinarnos como é o emprego de perruqueira.

Unha desas mamás que nos acompañou ao longo da mañá e nos amosou o seu emprego foi A Mamá de Lola.

A Mamá de Lola peiteounos a todos, e nós pasámolo xenial peiteando ás “profes” e entre nós.
Mirade ao noso compañeiro Sergio que guapo está coas pinzas no pelo! E que vos parece Martín! de seguro que de maior será un gran perruqueiro.
Lola de maior quere ser perruqueira como mamá, dálle moito xeito, fixádevos que ben peitea a Uxía.

Tamén se achegou pola galescola a Avoa de Sara Neira.
Tróuxonos unhas bonequiñas para que peiteásemos nós mesmos/as e lle puxésemos os “rulos”( a Avoíña de Sara contounos que os “rulos” serven para que as mamás e as avoíñas poñan o pelo crecho).
Foi moi divertido peitear á boneca e tamén peitearnos nós. A Uxía, Raquel e Martín encantoulles o secador do pelo, mentras que Noa e Irene preferiron poñerlle “os rulos” á boneca.

A Mamá de Antía en canto lle comentamos que queriamos traballar os empregos ofreceuse a pasar polo “cole” e regalarnos unha sesión de perruquería.
Tanto nos gustou que logo nos peiteamos nós mesmos: a nosa amiguiña Noa empeñouse en peitear á “profe Tere”,  e Sergio como é un presumido preferiu peitearse el mesmo. Pasámolo Xenial!!
Despois de tantas sesións de perruquería cremos que temos moitas aptitudes para ser perruqueiros e perruqueiras de maiores!!

Gracias a todas por ser tan boas con nós!!

OS EMPREGOS IV

Nesta ocasión foi a O Papá de Sergio, da aula dos Chibos Chibóns, quen se ofreceu a ensinarnos o seu camión, porque o seu emprego é o de Camioneiro.
O camión é moi grande!
Encantounos subir a el!
Sobre todo a Iago e a Montxo que se sentiron como grandes profesionais do camión. Pero quen gozou moitísimo con esta actividade foi Sergio, que estaba moi orgulloso de que o seu papá viñese a galescola a ensinarnos o seu oficio e o seu camión.
Gracias Papi!!