RELAXACIÓN II
31 Mar 2009
31 Mar 2009
27 Mar 2009
Os nosos meniños e meniñas son unhas crianzas moi activas, por iso tras tanta troula ao longo da mañá, precisan descansar un pouquiño.
Despois de comer e asearnos, cada neno e nena imos ás nosas colchonetas e nos descalzamos soíños e soíñas, e por último…
A Durmir!!!
Ós/as nenos/as da aula de Garbanciño gozan do seu momento de descanso despois da comida. Parecen que na vida romperon un plato eh?? se os/as virades cando espertan cheos/as de enerxía…!!!
As crianzas de Ratiña e Tres porquiños facemos a sesta na aula de Coelliño Branco, e como podedes ver durmimos como anxiños.
Os nenos e nenas da aula de Cebra Camila facemos a sesta xunto cos nosos compañeiros e compañeiras de Coelliño Branco e Chibos Chibóns. Na aula dos Chibos.
Mirade que ben durmimos:
Non hai palabras!
Z Z Z Z Z Z Z
26 Mar 2009
A pasada semana tivemos unha visita moi especial,
Que sorpresa!!!, visitáronnos os nosos amiguiños Pepe e Fodoriquiño.
Como ben sabedes na nosa Escola Infantil temos un amor especial por estes personaxes en cuestión.
Senón mirade que caras de ledicia poñen os/as nosos/as compañeiros/as da aula de Garbanciño.
Na aula de Cebra Camila tamén recibiron a agradábel visita dos poliños.
Xa vedes que ben o pasaron xogando con Pepe e Fodoriquiño.
Pero quenes o pasaron realmente ben foron as crianzas de Tres Porquiños; Martín tentou coller aos poliños no colo, (pero non foi capaz), Montxo e Laura estaban moi contentos coa visita e non pararon de sorrir e Noa decidiu acariñalos un pouquiño.
Os ratiños e ratiñas tamén xogamos un pouco con Pepe e Fodoriquiño,
Pasámolo xenial!!!
@s nen@s da aula de Chibos Chibóns gozaron moitísimo xogando cos seus amiguiños os polos, tanto que se empeñaron en sacalos da súa caixiña.
Tiñades que ver ao noso compañeiro Sergio Chamando por Pepe a gritos e saudándoo;
Foi todo un espectáculo.
25 Mar 2009
25 Mar 2009
24 Mar 2009
Un momento moi agradábel e entretido para os nosos nenos e nenas é cando toca facer psicomotricidade.
As nosas crianzas gozan enormemente saltando, escondéndose, subindo, baixando…
Un exemplo de como dende moi pequenos gozan destas actividades son os nosos compañeiros e compañeiras de Garbanciño.
Como podedes observar aos Garbanciños e Garbanciñas nos encanta “Subir polos poleiros” e tamén meternos dentro dos aros.
Foi unha sesión de psicomotricidade divertídisima!!!
As crianzas de Cebra Camila tamén gozamos moito coas sesións de psicomotricidade, aquí vos ensinamos unha que foi especialmente relaxante e estimulante para os nenos, pois descubrimos as posibilidades que esconden os nosos corpos, o divertido que é experimentar co noso propio corpo, en especial o noso compañeiro Iker que descubriu que se se colocaba sobre o rolo e se movía un pouco o seu corpo facía un movemento moi chulo de “Vai-ven”
Moitas veces non fai falla empregar material específico para realizar as sesións de psicomotricidade, como exemplo dende a aula dos Chibos Chibóns vos ensinamos como gozamos na aula dunha sesión onde todos somos tartarugas, e camiñamos a gatiñas pola aula por debaixo das mesas, nos escondemos nelas e por último gabeamos por riba da nosa PSX Carmen que colaborou connosco nesta sesión de psicomotricidade un pouco diferente.
Os nenos e nenas de Coelliño Branco tamén gozamos moito coa psicomotricidade, pois xogando é como mellor se aprende.
Por último, ensinarvos como soamente cuns cordeliños e uns carretes de costura ensartamos, apilamos, ordeamos… En resumo desentolamos as nosas capacidades motoras e cognitivas grazas ás actividades de motricidade fina.
Gozamos como o que somos, Nenos e nanas!!!
24 Mar 2009
Aínda que xa estamos en pleno mes de marzo, na aula de Chibos Chibóns tivemos unha nova incorporación.
Temos un compañeiro novo!!!
Chámase Carlos e é un neno moi bo.
Como podedes ver, a pesares de incorporarse tarde ao cole, levouno moi ben.
Por agora non lle gusta moito xogar cos outros nenos e nenas da aula (inda que o intenta) pero o que mais lle gustan son os coches, e participar das actividades da aula.
23 Mar 2009
As aulas de Ratiña Presumida e Tres Porquiños festexaron xuntas o aniversario dos xemelgos; Adrián da aula de Ratiña e Martín da aula de Tres Porquiños.
Como podedes imaxinar festexáronno por todo o alto cos/coas seus/súas compañeiros/as.
Aquí tedes unha pequena mostra do ben que o pasaron.
Parabéns rapaces!!!
23 Mar 2009
18 Mar 2009
Ao longo de todo o Ciclo 0-3 un dos maiores logros das nosas nenas e nenos é ir alcanzando progresivamente a súa autonomía e independencia.
Un dos grandes momentos onde se pode observar como as nosas crianzas van camiñando cara esa autonomía é o momento do comedor.
Aquí tendes unha pequena mostra de como os nenos e nenas comezan a comer eles soíños, pois como todos sabemos “Son maiores”!!
A verdade é que @s nen@s o pasan moi ben sendo maiores e comendo sós, mirade que cara de satisfacción teñen os nosos compañeiros e compañeiras da aula de Cebra Camila.
O Momento do Comedor é un tempo relaxado, onde as crianzas van comendo elas soas, aínda que lles leve un pouquiño máis de tempo.
Moitas veces @s nen@s comen pratos que habitualmente non queren nin probar na casa (Un exemplo é Candela que como podedes ver xa leva conta do prato de lentellas, ela soa, cando na casa cústalle comelas).
Un dos momentos que máis lles gusta aos nosos nenos e nenas é cando toca o sobremesa, sobre todo se toca iogur, mirade senón aos nosos compañeiros e compañeiras de Coelliño Branco.
Mirade a Alex que cara de concentración lle pon ao iogur!
O noso compromiso para acadar un comedor tranquilo, relaxado e agradábel para os nenos e nenas non só comprende o xantar, senón que tamén inclúe o momento da merenda onde as crianzas de todas as aulas, xunto cos nenos e nenas da aula de Chibos Chibóns da Tarde, merendan xuntas.
Como podedes ver as nosas nenas e nenos son uns grandes comelóns e comelonas!!!!