O MOMENTO DO COMEDOR

Ao longo de todo o Ciclo 0-3 un dos maiores logros das nosas nenas e nenos é ir alcanzando progresivamente a súa autonomía e independencia.

Un dos grandes momentos onde se pode observar como as nosas crianzas van camiñando cara esa autonomía é o momento do comedor.

Aquí tendes unha pequena mostra de como os nenos e nenas comezan a comer eles soíños, pois como todos sabemos “Son maiores”!!

A verdade é que @s nen@s o pasan moi ben sendo maiores e comendo sós, mirade que cara de satisfacción teñen os nosos compañeiros e compañeiras da aula de Cebra Camila.

O Momento do Comedor é un tempo relaxado, onde as crianzas van comendo elas soas, aínda que lles leve un pouquiño máis de tempo.
Moitas veces @s nen@s comen pratos que habitualmente non queren nin probar na casa (Un exemplo é Candela que como podedes ver xa leva conta do prato de lentellas, ela soa, cando na casa cústalle comelas).

Un dos momentos que máis lles gusta aos nosos nenos e nenas é cando toca o sobremesa, sobre todo se toca iogur, mirade senón aos nosos compañeiros e compañeiras de Coelliño Branco.

Mirade a Alex que cara de concentración lle pon ao iogur!

O noso compromiso para acadar un comedor tranquilo, relaxado e agradábel para os nenos e nenas non só comprende o xantar, senón que tamén inclúe o momento da merenda onde as crianzas de todas as aulas, xunto cos nenos e nenas da aula de Chibos Chibóns da Tarde, merendan xuntas.

Como podedes ver as nosas nenas e nenos son uns grandes comelóns e comelonas!!!!

TrackBack URI | RSS para os comentarios desta anotación

Un comentario

  1. 1 cristina
    2009 Mar 22

    Parabéns polo esforzo diario de favorecer a autonomía das crianzas, estimular as súas capacidades e xerar un clima de convivencia e socialización que inflúen tan positivamente no seu desenvolvemento. Un saúdo para todo o equipo.


Deixar un comentario