Arquivos de: Marzo 26, 2009

A VISITA DE PEPE E FODORIQUIÑO

A pasada semana tivemos unha visita moi especial,
Que sorpresa!!!, visitáronnos os nosos amiguiños Pepe e Fodoriquiño.
Como ben sabedes na nosa Escola Infantil temos un amor especial por estes personaxes en cuestión.
Senón mirade que caras de ledicia poñen os/as nosos/as compañeiros/as da aula de Garbanciño.

Na aula de Cebra Camila tamén recibiron a agradábel visita dos poliños.

Xa vedes que ben o pasaron xogando con Pepe e Fodoriquiño.

Pero quenes o pasaron realmente ben foron as crianzas de Tres Porquiños; Martín tentou coller aos poliños no colo, (pero non foi capaz), Montxo e Laura estaban moi contentos coa visita e non pararon de sorrir e Noa decidiu acariñalos un pouquiño.

Os ratiños e ratiñas tamén xogamos un pouco con Pepe e Fodoriquiño,

Pasámolo xenial!!!

@s nen@s da aula de Chibos Chibóns gozaron moitísimo xogando cos seus amiguiños os polos, tanto que se empeñaron en sacalos da súa caixiña.

Tiñades que ver ao noso compañeiro Sergio Chamando por Pepe a gritos e saudándoo;

Foi todo un espectáculo.