Para rematar o entroido fixemos unha gran festa no patio exterior á que asistiron as nosas familias.
Como podedes ver pasámolo moi ben.
Aquí tedes aos nosos compañeiros e compañeiras de Garbanciño gozando da festa.

As crianzas de Cebra Camila tamén o pasaron moi ben; como son uns grandes comelóns ao longo de toda a festa era fácil atopalos preto da mesa das filloas e orellas.

Como non podía ser menos @s Ratiñ@s non poidemos faltar á festa, á que tamén viñeron as nosas familias.

As crianzas de Tres Porquiños tamén o pasamos moi ben lucindo os nosos disfraces e as nosas familias.

Os nenos e nenas da aula de Chibos Chibóns vivimos a nosa festa dun modo moi especial xa que ao longo de toda a semana anterior estivémola preparando con gran gozo e ilusión.

As crianzas de Coelliño Branco tamén fomos de festa; xogamos, rimos, bailamos… Pasámolo xenial!

Os nenos e nenas da aula de Chibos CHibóns de Tarde fomos ao “cole” pola maná para poder ir á festa coas nosas familias e así relacionarnos cos nosos compañeiros e compañeiras de mañá.
Foi divertidisímo!!

Pero o Mellor de todo foi compartir un día tan fermoso cos nosos compañeiros e compañeiras, coas nosas profes e coas nosas familias (Papás e mamás, avos e avoas, irmáns, curmáns…)
Aquí vai unha pequena mostra.
Que vos parece a nosa compañeira Lucía da aula de Garbanciño no regazo do seu papá e da súa mamá.

Aquí tedes a algunhas das familias da aula de Chibos Chibóns; Raquel coa sua irmá, , o avó de Antía, a mamá de Ceci, O padriño de Sergio, a Naia cos seus curmáns… ( Por certo aledámonos moito de ter a visita de Unai, un dos curmáns de Naia, a quen non víamos dende o curso anterior, xa que agora vai ao cole dos “Maiores”)

Mirade a Pablo que contento está acompañado da sua irmá, e Vanessa coa súa mamá.
A verdade é que o pasamos moi ben presumindo de familias.

Os máis pequenos tamén gozamos da festa.

Que Gran festa!!

Como podedes ver ata as mamás e papas se disfrazaron con nós.
