Arquivos de: Marzo, 2009

FACEMOS OS NOSOS ANTEFACES

As crianzas de Coelliño Branco e de Chibos Chibóns decidimos facer os nosos propios antefaces. Para iso o primeiro que fixemos foi pintalos con pintura de dedos de varias cores e logo puxémoslle uns pequenos pauciños para poder agarralos ben .
Mirade como traballamos!

EN Chibos Chibóns gozamos moito facendo os nosos antefaces, e o pasamos tan ben que nin sequera quixemos sacar os disfraces que tíñamos postos.

Os rapaces e rapazas de Coelliño Branco tamén gozamos moito facendo os nosos antefaces e xogando con eles.

Que vos parecen Yago, Alex e Pablo escondéndose tras os antefaces?

ANIVERSARIO DE INÉS E PAULO

Inés e Paulo da aula do Coelliño Branco Xa teñen tres aniños!!! e o quixeron festexar por todo o alto con todos/as os/as seus/súas compañeiros/as.
Que ben o pasamos na súa festa de aniversario.
Parabéns Maiores!!!

OS ENTROIDIÑOS DE POIO

As crianzas de Garbanciño decidimos festexar o entroido disfrazándonos con roupa e obxectos vellos que tiñamos pola casa. Para iso o luns trouxemos algunha prenda para a cabeza, o martes algo para a gorxa, o mércores algo para tapar o corpo, o xoves algún obxecto para tapar a cara ou ollos e o venres vestimos todo xunto.
Gústavos o resultado?

Pola nosa parte, as rapazas e rapaces da aula de Cebra Camila tamén nos disfrazamos con roupa, obxectos e disfraces que as nosas familias tiñan pola casa.

Foi moi ilusionante disfrazarnos por primeira vez.

As ratiñas e ratiños tamén gozamos do entroido, para iso ao igual que os nosos compañeiros e compañeiras das outras aulas nos disfrazamos con roupas e trebellos que os nosos papás, mamás e avós/as nos buscaron pola casa.
Que divertido foi! Que ben o pasamos!

As crianzas da aula de Tres Porquiños o pasamos moi ben cos nosos mandís, as gorras, as gafas e os panos para a cabeza e o corpo.
Estivo moi ben iso de poder disfrazarnos como os nosos irmáns e irmás.
Pasámolo tan ben que ata non quixemos quitar a roupa para traballar!!! e por suposto ao final fixemos a foto de grupo.

Os Chibos Chibóns fixemos unha gran festa de entroido na aula; non só nos disfrazamos senón que tamén bailamos moitísimo.
Estabamos guapísimos!!!
O que máis nos gustou foi poñer as gafas e os antefaces na cara.
A nosa compañeira Irene non se fartaba de dicir. - Mira que guapa está Irene.
A verdade é que o pasamos moi ben e ao final decidimos tirar unha foto en grupo como recordo do ben que o pasamos.

Os nenos e nenas de Coelliño Branco tamén gozamos moito coa nosa festa na aula. Nos disfrazamos coas roupas que trouxemos da casa, bailamos moito e rimos a cachón.
Irene, Alex e Inés estaban moi orgullosos dos seus traxes.
Foi unha gran experiencia para todos nós vernos vestidos de forma tan diferente.

As/os Chibos Chibóns de Tarde vivimos o entroido ao longo de toda a semana. Ao igual que os nosos compañeiros e compañeiras disfrazámonos con roupas e trebellos traídos da casa e o pasamos tan ben que non quixemos quitar os disfraces nin para saír ao patio a xogar.
O que máis nos gustou foi pintar as caras con pinturas de entroido!! foi divertidísimo!
Que “Guai”!!! Como gozamos!!!

ANIVERSARIO DE CLAUDIA

A nosa compañeira Claudia, da aula de Chibos Chibóns da Tarde estivo de aniversario o pasado venres, e para festexalo celebramos unha gran comilona como homenaxe. Ademais todos os compañeiros e compañeiras fixémoslle unha coroa como agasallo de aniversario.

Noraboa Claudia!