30
Abr
2009
Sen clasificar
Para rematar co noso centro de interese sobre os medios de comunicación os maiores do cole decidimos elaborar unha televisión feita por nós.
Os Chibos Chibóns decidimos pintar o noso televisor de cor azul, porque nos gusta moito esa cor, foi moi divertido manchar as mans coa pintura de dedos. Despois eliximos as imaxes que máis nos gustaron e as pegamos en papel continuo… Así foi como fixemos a nosa propia televisión.

As crianzas de Coelliño Branco tamén fixemos a nosa tele, pero no noso caso decidimos facer un fermoso debuxo, que logo visionamos na nosa televisión.
Que chuli nos quedou!!

Nas sesións anteriores os Chibos Chibóns da Tarde gozamos moitísimo manipulando a prensa escrita, sobre todo gustáronnos os xornais porque son moi grandes e teñen unha textura diferente aos outros libros e revistas. Por iso decidimos facer o noso propio periódico.

29
Abr
2009
Sen clasificar
Como vos estabamos contando fai uns días, no “cole” estivemos a traballar os medios de comunicación, e tras traballar moito facendo os nosos propios buzóns de correos, escribindo as nosas cartas e meténdoas nos sobres; decidimos envialas ás nosas casas.
Aquí vos vai unha pequena escolma fotográfica do ben que o pasamos enviando as cartas:
Aula da Cebra Camila

Aula da Ratiña Presumida

Aula dos Chibos Chibóns

Aula do Coelliño Branco

28
Abr
2009
Sen clasificar
Lembrámosvos que o día 29 de abril ás 18:30horas, mércores, temos “Espazo das familias”, coa temática proposta “As enfermidades infantís e a hixiene”.
Posto que a programación da sesión está orientada aos adultos acordouse a non asistencia das crianzas.
Contamos coa vosa presenza.
28
Abr
2009
Sen clasificar
Prezadas familias:
Con motivo da celebración da festa tradicional do Maio o vindeiro mércores 29 de abril de 16:00h. a 18:00h. imos confeccionar o noso propio maio, polo que vos convidamos a que veñades coas/cos vosas/os fillas/os para participar desta actividade connosco.
Esperámosvos.
28
Abr
2009
Etiquetas: Parabéns 2008/09
Sen clasificar
O pasado venres festexamos na nosa Escola Infantil o aniversario de Lucía e Itziar, da aula dos Chibos Chibóns da Tarde. Para festexalo os Chibos decidimos agasallar ás nosas compañeiras cunhas coroas de Raíñas que fixemos entre todos os compañeiros e compañeiras. Logo demos boa conta das tortas de chocolate que trouxeron as nosas amiguiñas.
Que ben o pasamos!!!!

27
Abr
2009
Sen clasificar
Fai un par de semanas chegou un neno novo á aula de Coelliño Branco“, chámase Irai, é un rapaz moi extrovertido e simpático ao que lle gusta moito xogar cos coches e participar das actividades da aula.
Como podedes ver dende o primeiro día adaptouse moi ben ao centro e aos seus compañeiros e compañeiras.
Benvido á Escola Infantil de Poio Irai!!!

24
Abr
2009
Sen clasificar
Co motivo do día do libro imos comezar a facer unha “Biblioteca de aula”, por iso vos propoñemos que cada venres os/as vosos/as fillos/as leven un conto distinto para a casa, por iso precisamos a vosa colaboración e vos pedimos que cada un traia un conto para crear a nosa “Biblioteca de aula” e comezar con esta actividade.
É importante fomentar a animación dende cativos e unha das formas máis sinxelas de facelo é a través das familias, polo tanto o que vos pedimos é que durante a fin de semana leades o conto co/a neno/a e o gocedes con eles.
Son contos que pretendemos que duren todo o curso e sabemos que pouco a pouco deterióranse pero tentade inculcarlle aos/ás vosos/as fillos/as como temos que coidar un libro para que non se rompa.
Moitas grazas pola vosa colaboración.
O Equipo educativo de Poio.
23
Abr
2009
Etiquetas: Parabéns 2008/09
Sen clasificar
Como podedes ver esta semana pasada tivemos moitos aniversarios, e un deles foi o da nosa amiguiña Paula, da aula dos Chibos Chibóns de Tarde.
Para festexar un día tan importante, como xa é habitual no noso centro os compañeiros e compañeiras de Paula agasalláronna cunha coroa engalanada por eles mesmos. A verdade é que o pasaron moi ben facéndolle o regalo a Paula. Logo comeron torta, beberon zume, bailaron… Todo un festón!!!

23
Abr
2009
Etiquetas: Parabéns 2008/09
Sen clasificar
As crianzas da aula de Coelliño Branco estiveron de festa. Nada máis e nada menos que festexaron un triple aniversario!!!
Pablo, Carla e Iker xa teñen os 3 anos!!!
Parbéns Maiores!

23
Abr
2009
Etiquetas: Parabéns 2008/09
Sen clasificar
Uxía Castiñeira, da aula dos Tres Porquiños, estivo de aniversario, e festexouno cos seus amiguiños e amiguiñas da aula.
O primeiro que fixeron, tod@s xunt@s foi confeccionar unha gran coroa de aniversario para Uxía, e logo deron conta dunha rica torta de chocolate.
Que ben o pasaron as nosas crianzas!!
