Arquivos de: Abril 16, 2009

OS MEDIOS DE COMUNICACIÓN V

Nesta ocasión no noso “cole” comezamos a traballar un medio de comunicación moi, pero que moi antigo… AS CARTAS e Correos.

Para comezar @s máis pequechiñ@s, da aula de Garbanciño, axudamos a facer un buzón de correos, pero como somos moi imaxinativos quixemos que o noso buzón fose de cor verde.

A que nos quedou orixinal???

As crianzas de Cebra Camila fomos máis tradicionais e decidimos que o noso buzón fose amarelo, coma o que temos na rúa.

Mirade que concentrados están os nosos compañeiros e compañeiras durante a elaboración do seu buzón.

@s Ratiñ@s tamén decidiron facer un buzón de Correos en cor vermella e amarela.

Mirade como traballan! son todos/as un /unhas campeóns e campeonas do pincel.

Pola súa parte os nenos e nenas da aula de Tres Porquiños tamén creamos un buzón de correos propio.

O pasamos xenial pintando o buzón, foi divertidísimo.

As nenas e nenos da aula de Chibos Chibóns tamén pintamos unha caixa de cartón para facer o noso propio buzón de correos.

Mirade que ben o pasamos, encantounos pringar as mans coa pintura de dedos e despois esparcila pola caixa.

Os nenos e nenas de Coelliño Branco tamén pintamos a nosa caixa, pero como somos os/as maiores do cole decidimos empregar uns pinceis para tan laboriosa tarefa.

Como nos gustou facer o noso buzón de correos.

Somos uns/unhas artistas!!!