Este ano o “Día das Letras Galegas” (17 de maio) adicóuselle ao filósofo e ensaista lucense Ramón Piñeiro e nós quixemos rendirlle a nosa pequena homenaxe dun modo especial.
Aproveitando que o 18 de maio conmemorouse o Día Internacional do Museo e como as nosas crianzas son moi pequenas para comprender o traballo de Ramón Piñeiro decidimos traballar tan fermosos días a través da imaxe de Ramón.
Os nenos e nenas da aula de Garbanciño rendiron a súa singular homenaxe a Ramón a través dun cadro impresionista coma os de Pablo R. Picasso, xunto cos seus compañeiros e compañeiras das aulas de 1-2 anos.
Cada aula encargouse dunha parte da Obra Pictórica.
Os Garbanciños e Garbanciñas o primeiro que fixemos foi manipular os materiais que empregamos na elaboración do cadro, “”confeti” de moitas cores.
Tras rachalo e amontoalo por cores, pegamos o “confeti” no noso anaquiño de cadro.

Na aula da Cebra Camila encargámonos de facer outro anaquiño da nosa Obra de Arte.
As Cebras, como xa somos un pouquiño máis maiores que os nosos amiguiños e amiguiñas da aula de Garbanciño, decidimos empregar ceras de cor rosa e papel celofán de cor azul e vermella.
Como podedes observar estamos moi concentrados mentras traballamos.

@s ratiñ@s decidimos empregar pintura de dedos con pincel e lá para fecerlle unha fermosa cabeleira ao Señor Ramón Piñeiro.
A verdade é que gozamos moitísimo, sobre todo “peiteando” a Ramón.

Os nenos e nenas da aula de Tres porquiños ao igual que os nosos compañeiros e compañeiras de Cebra Camila empregamos ceras para pintar o seu anaquiño de Ramón e mirade que ben nos quedou!!!

As crianzas da aula de Chibos Chibóns, decidimos rendir unha homenaxe a Ramón a través da Obra de Andy Warhol, e como nos gusta moito unha obra moi fermosa de “Pop Art” que lle adicou a Marilyn Monrou, nós quixemos adicarlla a Ramón Piñeiro.
Que gran Obra de Arte!!!

Os nenos e nenas de Coelliño Branco tamén fixemos unha obra de arte utilizando o collage con Dalí, Juan Gris ou Picasso moi fermosa empregando plastilina, gomets, cintas de cores…

Por último todas as aulas saímos ao corredor para expoñer as nosas Obras de Arte.

E este foi o resultado final!!!!
Dende Poio esperamos que gozásedes tanto coma nós do Día das Letras Galegas e do Día Internacional dos Museos.
