DESCUBRINDO NOVOS ESPAZOS II
19 Mai 2009
Os/As máis pequechiños/as da nosa galescola, os Garbanciños e Garbanciñas, fanse maiores connosco, e unha proba é como día a día van acadando a sua autonomía.
Esta semana pasada descubriron na aula un novo recanto… Unha tenda de Campaña Chulísima!!!
Todas as crianzas exploraron e gozaron co novo espazo que se engadiu na aula, iso si, algúns nenos tiñan un pouco de reparo á hora de entrar e desplazarse pola Tenda pero en xeral gustoulles moito investigar e descubrir que era ese trebello que lles apareceu na clase dun momento para outro.
- Os nenos e nenas da aula de Garbanciño somos uns grandes descubridores!!!

