O MURAL DA PRIMAVERA
26 Mai 2009
Xa fai un tempo que as aulas de 1-2 anos comezamos a traballar “A Primavera”, e unha das primeiras actividades que fixemos na nosa galescola para darlle a benvida a esta fermosa estación foi…
Facer un mural en conxunto as tres aulas!!!
As crianzas da aula de Cebra Camila comezamos por pintar un anaquiño do cepo da árbore e unha das ramas, tamén fixemos uns ricos pexegos onde pegamos as nosas fotos.
Para pintar o cepo da árbore empregamos pinceis, foi un pouquiño difícil, pero o resultado foi chulísimo.
Para as ramas empregamos as nosas manciñas, foi moi divertido pringarnos as mans.
E para os pexegos decidimos usar os rodillos, na nosa clase gústanos moito empregalos porque é moi sinxelo e pintan moi ben.
Na aula da Ratiña Presumida como xa somos un pouquiño maiores decidimos empregar soamente os pinceis para facer o noso anaquiño do mural.
O cepo da árbore pintámolo xunto cos nosos amiguiños e amiguiñas da aula dos Tres Porquiños.
Aos Ratiñ@s o que máis nos gustou foi subir na escada coas “profes” a pegar as nosas florciñas (menos Pablo, que o que máis lle gustou foi pintarlle a Antía a cara e o pelo de cor verde e Xoán, que o pasou en grande metendo na boca o pincel para saber a que sabía a pintura de dedos))
Que ben o pasamos!!
Na aula dos Tres Porquiños como xa vos contaron os nosos compañeiros e compañeiras de Ratiña pintamos o cepo da árbore todos xuntos.
Xa na nosa clase adicámonos a pintar as ramas da árbore coas nosas mans, con pincel e cor amarela comezamos a pintar as florciñas e os paxariños para despois pegarlle as nosas fotos.
E aquí tendes o resultado final.
A que nos quedou chulísimo?? Nós estamos moi orgullosos da nosa creación.




Deixar un comentario