Arquivos de: Maio 29, 2009

VISITÁRONNOS OS “CARACOIS CARACOLEIROS”

Que fermosa é a Primavera!!!! Con ela chegan grandes cambios no noso contorno (as árbores póñense moi fermosas coas florciñas, a herba cheira diferente, os paxariños cantan máis bonito, os caracois sacan os cornos ao sol…)

Xa fai un tempiño, pola aula da Cebra Camila achegáronse uns amiguiños moi especiais…

Os Caracois!! Que ben o pasamos xogando con eles! e que diferentes son aos caracois que saen nos contos e os debuxos… Esperamos que pronto volten a facernos outra visitiña.

VISITOUNOS “A XOANIÑA QUE VIVE NO PIÑEIRO”

Aos Chibos Chibóns encántanos o conto ” A Xoaniña que vive no Piñeiro” é un conto que fala dos animais que viven no bosque, nun fermoso piñeiral. O noso animaliño preferido é a Xoaniña.

Coa chegada da Primavera tivemos unha gran sorpresa… Visitounos a nosa amiga a Xoaniña!!!

Como fixeron unha longa viaxe para vir ao noso “cole”, metéronse nun frasquiño con comida para descansar un pouquiño mentres nós xogamos con elas.

A verdade é que nos fixo moita ilusión coñecer ás Xoaniñas, son máis fermosas ao natural que nos contos.