Como moitos de vós sabedes o noso concello “San Xoán de Poio” festexa por todo o alto estas festas, coas cacharelas, as sardiñas, as Herbas de San Xoán…
Este ano, ao igual que o ano pasado, as nosas crianzas fixeron a súa propia auga de San Xoán.
Os Garbanciños e Garbanciñas gozaron metendo as herbas na tina coa auga e mollándose con ela.

As crianzas de 1-2 anos festexaron estas datas todos xuntos. Pablo, Noa, Uxía… botaron as Herbiñas na tina de auga con moito estilo.

Como podedes observar a festa deu moito de si.
Mirade a Yago!!! nin esperou a que a auga collese o cheiro das plantas, tiña ganas de lavar a cara!!

As crianzas da aula de Cebra Camila foron un por un a botar as herbiñas na tina. Mirade que formaliños todos eles cos seus manoxos de herbas.

@s ratiñ@s tamén quixeron aportar o seu granciño de area e trouxeron da casa o romeu, a herba luisa, o esprego… e encheron a tina coas plantas e moita ilusión.

Os Chibos Chibóns de Tarde non quixemos perdernos esta gran festa; así que colaboramos coas nosas herbiñas que fomos a buscar ao campo coas nosas familias, en especial coas avoas, que coñecían todas as herbas.

Sabedes unha cousa? entre as Herbas colóusenos na clase dos Chibos Chibóns unha convidada moi especial… Unha Xoaniña!!
As crianzas de Chibos e de Coelliño Branco fíxonos moita ilusión xogar con ela, despois todos nós xunto coa “profe” Vane ´soltámola no campo.

Os nenos e nenas de 2-3 anos festexamos o San Xoán todo@s xunt@s.
Un por un fomos enchendo a tina coas nosas Herbas

Gustounos moito facer a auga de San Xoán como fan os maiores nos nosos fogares.

Por último ao final do día recollemos a auga coas nosas familias; coas nosas mamás, cos avós, as irmanciñas…
Por certo Sariña estaba moi contenta pois a súa recen estreada irmaiña veuna buscar ao cole e ademais recolleu a auga con ela.

Outra actividade que fixemos as aulas de Chibos Chibóns e Coelliño Branco foi a de facer a nosa propia fogueira, luminaria, foleón, cacharela, lumieira… ( e que descubrimos que según a zona donde se viva ás fogueiras se lles chama de distinta maneira)

Esperamos que A Noite de San Xoán o pasásedes tan ben coma nós!!!
Felices Festas!!!