Arquivos de: Xuño 23, 2009

O PRIMEIRO ANIÑO DE LUCÍA

A nosa amiga Lucía da aula de Garbanciño cumpriu un aniño e celebrouno por todo o alto na Escola Infantil en compañía de todos os seus compañeiros/as.

INSTRUMENTOS MUSICAIS DE REFUGALLO

Na aula de Garbanciño, as crianzas para festexar o Día do Medio Ambiente decidiron facer unhas maracas con materiais de refugallo, para iso empregaron botellas de auga baleiras e anaquiños de cartolinas que sobraron doutras actividades.

Que concentradiñ@s están @s nos@s garbanciñ@s!!!

…e que coloridas lles quedaron as maracas!

Na aula dos Chibos Chibóns gustounos tanto a actividade que fixeron os pequechiños e pequechiñas que quixemos “copiarlle” a idea.

A nós o que máis nos gustou foi meter as fabas e os granciños de arroz dentro da botella porque facía un ruidiño moi chulo.

Cantas cousiñas se poden facer co mateial de refugallo!!!! Non vos parece?