INSTRUMENTOS MUSICAIS DE REFUGALLO
23 Xun 2009
Na aula de Garbanciño, as crianzas para festexar o Día do Medio Ambiente decidiron facer unhas maracas con materiais de refugallo, para iso empregaron botellas de auga baleiras e anaquiños de cartolinas que sobraron doutras actividades.
Que concentradiñ@s están @s nos@s garbanciñ@s!!!
…e que coloridas lles quedaron as maracas!
Na aula dos Chibos Chibóns gustounos tanto a actividade que fixeron os pequechiños e pequechiñas que quixemos “copiarlle” a idea.
A nós o que máis nos gustou foi meter as fabas e os granciños de arroz dentro da botella porque facía un ruidiño moi chulo.
Cantas cousiñas se poden facer co mateial de refugallo!!!! Non vos parece?


Deixar un comentario