XA CHEGOU O VERÁN!!
30 Xun 2009
Coa chegada do verán as/os maiores da galescola decidimos facer outra “Mariquitiña”, igual a que fixeramos alá polo outono, pero esta con roupiña de verán.
Nesta ocasión Antía foi a modelo para facer a silueta da nosa “Mariquitiña”…
Para facer a roupiña da boneca, as profes reciclaron as caixas que fixeramos os Chibos Chibóns co motivo da semana do medio ambiente (porque iso de reciclar é para todo o ano non só un día).
Logo as crianzas pegamos gomets nas prendas de roupa, e por último xogamos a vestir a Mariquitiña.
Encántanos xogar coa nosa bonequiña!! poñerlle a roupa, quitarlla, combinar as prendas…
Que diver!!!
Os nenos e nenas de Coelliño Branco tamén fixemos a roupa para a Mariquitiña, nós reciclamos a Mariquitiña que xa tiñamos feita no outono, iso si, fixémoslle un vestuario moi chulo acorde coa estación que comezamos; senón mirade que chulo nos quedou o “biquini” da Mariquitiña.
Que ben o Pasamos vestíndoa!!!


Deixar un comentario