Arquivos de: Xullo, 2009

PREESCRITURA

Na aula dos Chibos Chibóns ao longo do curso estivemos traballando, xogando e aprendendo cos nosos nomes.

Mirade que ben o pasamos!!

Foi moi divertido escribir os nosos nomes facendo un puzzle!! Sara, Sergio, Vanessa, Noa, Candela…

Esperamos repetir proximamente!!

OBRADOIRO DE XELATINA

Na aula da Cebra Camila realizaron en varias sesións un riquísimo obradoiro de Xelatina; o resultado final é o seguinte:

Primeiro observamos con curiosidade o novo produto que as profes nos puxeron na mesa da aula. (os primeiros en tocar e experimentar coa xelatina foron Lucía e Andrea, logo seguiulle moi de preto Teo).

O segundo paso foi manipular e xogar libremente coa xelatina.

Ao final a xelatina acabou por todos os recunchos da aula.

Mirade que pintas temos!!!

ESPERAMOS REPETIR PRONTO!!!!

O ANIVERSARIO DE CANDELA

A nosa amiguiña Candela, da aula dos Chibos Chibóns, xa é toda unha nena maior. O pasado venres festexou con todos os seus compañeiros e compañeiras da aula o seu Terceiro aniversario.

Como podedes ver fixemos unha gran festa e pasámolo xenial todos xuntos!

Parabéns “Candelita”!!! Un bico moi forte dos teus compañeiros e educadoras!!

Aniversario Lucas e Sara

Sara e Lucas queren dar as grazas a todos/as seus compañeiros/as de aula, pola axuda que lle ofreceron para festexar os seus aniversarios. 

BICO ROUBADO

Pillados infraganti!!!! Así atopamos a estos dous pícaros da aula de Garbanciño. Que vos parece??? non son unha monada???

A NOSA PSX

Na aula dos Chibos Chibóns temos unha relación moi especial coa nosa PXS, cada vez que ten un ratiño libre convencémola para que nos conte unha canción, un conto ou faga ximnasia connosco.

A verdade é que a queremos moito…

O outro día, sen ir máis lonxe, convencémola para que nos contase o conto do “Polo Pepe”. Ao final démoslle un forte aplauso por ser tan boa.