Arquivos de: Xullo 1, 2009

A NOSA PSX

Na aula dos Chibos Chibóns temos unha relación moi especial coa nosa PXS, cada vez que ten un ratiño libre convencémola para que nos conte unha canción, un conto ou faga ximnasia connosco.

A verdade é que a queremos moito…

O outro día, sen ir máis lonxe, convencémola para que nos contase o conto do “Polo Pepe”. Ao final démoslle un forte aplauso por ser tan boa.