OBRADOIRO DE REPOSTERÍA
11 Ago 2009
Os maiores do noso cole estiveron experimentando cuns ricos e saborosos elementos… Cacao, queixo fresco, magdalenas e virutillas de cores.
Os Chibos Chibóns e os Coelliños non vos sabemos dicir que foi máis divertido, se manipular os produtos ou comelos.
Antes de comezar decidimos que queriamos facer unhas saborosas Trufas de Chocolate.
O primeiro que fixemos foi lavar as mans para logo comezar por desfacer as magdalenas en pequenas miguiñas, logo botamos unhas culleriñas de queixo fresco.
Aínda que pareza mentira houbo a quen non lle gustou moito iso de desfacer as magdalenas, senón mirade a cariña da nosa compañeira Alicia, pero pronto se animou, en vistas do ben que o estaba a pasar Sergio.
Unha vez botamos o queixo fresco voltamos a remexer todo xunto, as migas de magdalenas e a manteiga.
Por último fixemos unhas boliñas coa pasta e bañámolas no colacao e nas virutillas de chocolate.
Como bos reposteiros que somos empregámonos a fondo (senón mirade que concentrados estamos) iso si, houbo quen preferiu comer o cacao e as virutiñas de chocolate antes de rematar a trufa de chocolate.
A verdade é que gozamos moitísimo con esta actividade, que repetiremos nos vindeiros días.


Deixar un comentario