Arquivos de: Agosto 18, 2009

AS NOSAS FAMILIAS

Un dos Centros de Interese que tratamos durante o curso foi o ” A Familia”, xa que este é un concepto fundamental no desenrolo das crianzas, pois no núcleo familiar é donde o neno e a nena vivencian e interiorizan as súas primeiras regras, vivencias, relacións sociais… En resumo; é o medio natural do neno e/ou nena, por iso adicámoslle un lugar moi importante a este centro de interese dentro da nosa programación.

Os pequechiños e pequechiñas, da aula de Garbanciño trouxemos da nosa casa unhas lindas fotos de cada un/unha,  xunto coas nosas familias, e logo con pintura de dedos de diversas cores pintamos sobre cartón para facerlle un fermoso marco ás fotos.

Parece mentira!!! Co Pequech@s que somos e o ben que o fixemos!!

Pola nosa parte na aula da Cebra Camila decidimos pintar as nosas familias, para iso empregamos ceras de cores e papel continuo azul clariño.

Foi moi divertido pintar aos nosos papás e mamás, aos tíos e tías, aos avós e avoas e a os irmanciños e irmanciñas.

Que ben o pasamos!!!

Na aula dos Tres Porquiños fixemos un gran mural coas fotografías que trouxemos da casa. Gustounos iso de chegar a clase todos os días e poder darlle un biquiño ás nosas fotos onde están papá, mamá, as nosas irmás e irmáns e os avós.

Ao finalizar o mural tiramos unha fermosa foto de grupo.

Somos guapísimos!!!!

Os nenos e nenas da aula de Chibos Chibóns fixemos un debuxo en cartolina para regalarllo ás nosas familias, nel debuxamos aos nosos papás e mamás, aínda que algún que outro neno decidiu pintar tamén as irmáns e  incluso algunha nena decidiuse a pintar a todos os avós e á bisavoa.

Os Chibos Chibóns da Tarde ao igual que os nosos amiguiños e amiguiñas de Garbanciño fixemos uns bonitos marcos, con cartón ondulado que pintamos nós mesmos, e empregando a técnica do collage. É que xa somos uns maiores!!!

Con eses marcos engalanamos as fotos das nosas familias.