Arquivos de: Agosto 19, 2009

OBRADOIRO DA SEMENTEIRA

Non hai moito tempo que os Chibos Chibóns da Tarde estivemos a sementar uns pementiños e uns tomates.

A verdade é que aprendimos moito da esperiencia xa que moitos de nós pensábamos que os tomates e os pementos viñan do supemercado. Ademais iso de zarafuzar coas mans na terra foi moi divertido.

Tamén aprendimos que hai que coidar as plantas e as herbiñas; regandoas, poñendoas ao sol, resgardandoas cando xea…

Cantas cousas aprendimos con este pequeno obradoiro!!!!

PELOTIÑAS DE ARROZ DE REFUGALLO

Ao longo de todo o curso estibemos traballando o respecto ao medio ambiente e a reciclaxe, por iso na aula de Chibos Chibóns decidimos facer unhas pequenas pelotiñas, aproveitando uns globos que tíñamos na aula e que estaban picados.

Simplemente empregamos uns funís, arroz, e os globos.

A verdade e que foi moi divertido facer as pelotiñas, o que mais nos gustou foi sair ao patio a xogar con elas.