HABÍA UNHA VEZ… UN CIRCO…
20 Ago 2009
Como ben sabedes moitos de vós ao longo do curso estivemos traballando diferentes Centros de Interese, e aproveitando que preto do noso centro soen montar un circo ao que acuden moitos dos nosos meniños e meniñas creimos interesante traballar os diferentes animais e profesións que rodean o mundo Circense.
Os Chibos Chibóns despois de ler un conto sobre o circo e xogar co noso paiasiño de trapo decidimos facer uns disfraces dos animais do circo.
Primeiro pintamos as melenas dos Leóns, sobre cartolina amarela esparcimos pintura de dedos marrón.
Logo en cartolina azul pintamos uns lunarciños rosas para facer a trompa e as orellas do noso Elefante
Tamén fixemos os lunares azuis sobre cartolina rosa, para facer unha elefantiña.
O seguinte que fixemos foi facer a bariña do Mago, que é un señor que viste cun gorro moi chulo do que saca coelliños e ten unha bariña máxica.
Mirade que Maga máis fermosa temos na nosa aula!!1
Este foi o resultado final do Circo dos Chibos Chibóns.
Os Chibos de Tarde estivemos coñecendo os diferentes animais do circo, para iso os metemos na Caixa Máxica e iamos sacando un por un, e nomeándoos, dicindo a súa cor, que ruidiño fan….
Mirade aos nenos e nenas de Coelliño Branco facendo os seus disfraces e unha gran representación circense; con elefantes, paiasos, cabaliños…
Por último tivemos unha grata sorpresa no cole…
Visitounos un Cabaliño que traballa no circo!!!!
Que ben o pasamos…
Non hai palabras só mirar as nosas cariñas.
A verdade é que gozamos moitísimo co noso amiguiño o Cabalo, foi moi divertido e aprendemos moito de todos os animais que traballan no circo.
Esperamos que o Cabaliño volte pronto a visitarnos!!!










Deixar un comentario