A PRIMAVERA
24 Ago 2009
Xa alá polo mes de Marzo estivemos decorando as aulas cun toque primaveral.
Na aula dos Chibos Chibóns fixemos unhas florciñas moi lindas con caixas de ovos e pintura de dedos; primeiro pintamos os cartóns con pintura de dedos laranxa, logo as “profes “fixeron un buraquiño polo que metemos unhas palliñas e por último con plastilina fixemos os estamberes das flores.
Mirade que chulo nos quedou o noso xardín flotante!!!
Tamén fixemos flores con boliñas de papel celofán e así traballamos a motricidade fina de paso que decoramos a aula, a verdade é que gozamos moito destas actividades.
Na aula de Tres Porquiños decoramos as ventás e paredes cunhas bolboretas de cores que decoramos con gomets.
Que bonitiña deixamos a clase!!



Deixar un comentario