OS MEDIOS DE TRANSPORTE
25 Ago 2009
Un dos Centros de Interese que máis xogo nos deu durante este curso foi “Os medios de Transporte”. Aos nosos nenos e nenas lles encantas os coches, as gruas, os camións… Por iso decidimos traballar este centro.
Os mais pequechiños e pequechiñas do cole estivemos “viaxando” polo centro, viaxamos polas outras aulas en moto, en camión, en coche…
Que ben o pasamos!!!
Logo de tanto viaxar puxémonos a traballar; pintamos un tren, manipulamos fotos de diferentes medios de transportes…
UFFF!!! Como traballamos!
Os Chibos Chibóns tamén construimos os nosos medios de transportes; primeiro fixemos un fermoso barco para ir á illa de Tambo (que está na ría de Pontevedra, xustiño fronte a nosa escola)
Pegamos pauciños, os pintamos de cor marrín, pintamos a vela do barco con ceras de cores… Quedounos un barco chulísimo!!
Despois de rematar o noso barquiño de Vela, pintamos a illa de tambo en cartolina e tamén manipulamos fotografías da Illa e dos diferentes barcos que navegan pola nosa ría.
Para rematar cos barcos e a Illa de Tambo, Uxía leunos un conto moi fermoso “O Libro daIlla da Tambo” que fala de 3nenos que visitan a Illa.
Outra actividade que desenrolamos foi a de confecionar o panel da seguridade víal donde pegamos fotos dos diferentes medios de transporte e donde nós tivemos que unir a cada foto outra cos medios de seguridade víal. (Así se imos en coche temos que poñer a silliña e o cinto, se imos en bibi temos que poñer o casco, se imos en autobus temos que poñer o cinto de seguridade…)
Aprendimos moitas cousas
Porr último fixemos un fermoso “Tren de Uxío”
En Coelliño manipulamos e xogamos cos diferentes medios de transportes que trouxemos da casa.









Un comentario
2009 Nov 12
Ola, son Amalia autora de O Libro da Illa de Tambo que tan ben estará lendo Uxía.
Fíxome moita ilusión ver a vosa páxina e que lle dedicarades un tempiño ao meu libro.
Moitas grazas.
Se precisades algo co que poida colaborar, xa sabedes onde atoparme.
Bicos e apertas.
AMALIA PÉREZ OTERO