Aos maiores do cole encántanos o verán e os peixiños, por iso decidimos facer uns fermosos peixiños de plastilina que levamos para as nosas casas.

Como nos gustaron tanto os peixiños de plastilina decidimos facer un mural do fondo do mar con peixes de cor amarela, vermella, blanca…
Que gran obra de arte nos quedou!!!

Coa chegada do verán realizamos diversas degustacións de froitas típicas da estación.
Na Aula de Chibos Chibóns a “profe” Nerea ensinounos diferentes froitas; pexego, cirolas, pera, cireixas…
Logo nos achegamos a mesa a probar os ricos manxares.

A verdade é que a froita estaba ríquísima.

En Coelliño Branco tamén degustamos froitos típicos do verán. E gozamos comendo e refrescándonos coa pera e o melocotón.

Os Chibos Chibos da Tarde tamén realizamos unha cata dos produtos típicos do verán, pero logo cun pouquiño iogur e leite fixemos un Batido de Froitas de Verán.
Que rico e doce estaba!!!
