A FROITA
26 Ago 2009
Coa chegada do verán realizamos diversas degustacións de froitas típicas da estación.
Na Aula de Chibos Chibóns a “profe” Nerea ensinounos diferentes froitas; pexego, cirolas, pera, cireixas…
Logo nos achegamos a mesa a probar os ricos manxares.
A verdade é que a froita estaba ríquísima.
En Coelliño Branco tamén degustamos froitos típicos do verán. E gozamos comendo e refrescándonos coa pera e o melocotón.
Os Chibos Chibos da Tarde tamén realizamos unha cata dos produtos típicos do verán, pero logo cun pouquiño iogur e leite fixemos un Batido de Froitas de Verán.
Que rico e doce estaba!!!




Deixar un comentario