FINAL DE CURSO NA ESCOLA INFANTIL DE POIO
30 Ago 2009
O VENRES QUIXEMOS DESPEDIR O CURSO CON TODAS AS CRIANZAS E FIXÉMOLO POR TODO O GRANDE.
DURANTE A MAÑÁ FIXEMOS OBRADOIROS NA ESCOLA: OBRADOIRO DE CAMISETAS, OBRADOIRO DE AUGA E OBRADOIRO DE MAQUILLAXE. TANTO NENOS/AS COMO EDUCADORAS GOZAMOS A TOPE DA EXPERIENCIA.
AS 12 DA MAÑÁ CITAMOS ÁS FAMILIAS PARA A ENTREGA DOS TRABALLOS QUE FIXERON OS/AS PÍCAROS/AS AO LONGO DO CURSO E TAMÉN LLES FIXEMOS ENTREGA DAS SÚAS ORLAS.
POLA TARDE A PARTIR DAS CINCO TIÑAMOS ORGANIZADA UNHA XUNTANZA NO MERENDEIRO DO CASTRO CON TODAS AS FAMILIAS PARA DESPEDIR O CURSO E PARA REALIZAR XOGOS POPULARES E PASAR UN BO RATO. TEMOS QUE DARLLE AS GRAZAS A TODAS AS FAMILIAS POLA SÚA ASISTENCIA E IMPLICACIÓN. SODES OS MELLORES!!!!


5 Comentarios
2009 Ago 31
La verdad es que sois un equipo magnifico. Muchiiiiiisimas gracias por haberos dedicado de una forma tan estupenda con nuestra hija durante este año. Qué pena que haya pasado tan rápido!! Os deseamos lo mejor, y que sigais con esta misma ilusión y dedicación. De corazón mil gracias.
Familia Ruiz Rodiño
2009 Set 01
Formades o mellor equipo que nunca puidesemos desexar, queremos agradecervos de todo corazón o cariño e a entrega que adicastes neste tempo a Candela, sempre teredes un lugar nos nosos corazóns.
“Candelita” xa comenzou a votarvos de menos, hoxe queria ir o cole a ver as suas profes e os seus “principes”, pensa que o non ir idela esquecer, ela a vos penso que non vos vai esquecer nunca.
Neste tempo que compartimos vivimos expreciencias maravillosas xuntos, gracias pola vosa comprensión, axuda e cariño.
Biquiños para todas.
Candela, Toño e Maika
2009 Set 02
Q grandes sodes e canto os vamos a votar de menos no teño palabras para agradecervos todo o q fixechedes por alex e por min tamen q non quero nin acordarme do q chorei os primiros dias cando o deixaba a gritos , alex aprendeu moito e iba feliz o cole q pra min eso era o mais importante , sodes maravillosas dende a primira ata a ultima incluindo as q xa non estan , gardo todo o relacionado coa galescola pq o dia de maña direille a alex q vos fostes a suas primeiras profes , q a aula das vacas foi a sua primeira clase e q a do coelliño branco onde aprendeu moitas cousas e onde coñeceu os seus amiguiños , q estivo nun cole no q todas as profes, as pxs (carmen q lles ensinou a saia da carolina ) as cociñeiras todas fiseronlle ser feliz e pasalo de maravilla, por todo eso gracias gracias e mil gracias , non vos esqueceremos nunca. Con todo o noso cariño mandamosvos unha aperta de oso para cada unha de vos. Bicos. ALEX,CESAR, ANA.
2009 Set 08
Moitas felicidades ás traballadoras e traballadores desta escola. “Unha imaxe di máis ca mil palabras”, e nas imaxes que mostrades vese o gran equipo que formades, de non ser así esas imaxes non nos dirían nada.
Son unha antiga mestra e admiro o voso traballo e ánimo para seguir sempre así. Bicos ao equipo.
2010 Abr 09
¿Publicaredes no voso blogue os admitidos para o vindeiro curso 10/11?
Que mágoa que non actualicede-lo blogue dende o final do curso pasado, é un magnífico xeito de olla-lo ben que o pasan os cativos con vós dia tras dia.
Un saúdo e agardo ter á miña nena no vindeiro curso con vós, parecedes unha xente marabillosa á que lle gusta e moito o seu traballo.
Saúdos dun veciño