Arquivos de: Maio, 2010

O NOSO PRIMEIRO DIA DE ESCOLA

Na nosa escola infantil o primeiro dia de cole poideron vir co nos os nosos papas e as nosas mamas para que estivesemos mais tranquilos/as e tamén para coñecer as nosas profes e os/as nosos/as compañeiros/as. As profes aproveitaron para invitar a quen viña con nos a facer un traballiño e cada aula fixo unha cousiña

AULA AZUL

Na aula Azul aproveitamos para plantar unha plantilla coas nosas familias que medraria o longo do curso tanto coma nos.

AULA MORADA

Nos fixemos un cuadro coas nosas familias do noso primeiro dia de escola para ter nas nosas casas un recordo dese momento.

A ESTIMULACION SENSORIAL

Como somos moi curiosas e curiosos, unha das cousas das que mais disfrutamos este ano foi da “estimulación sensorial” ( ou así lle chaman Cris e Nere, para nos era fedellar con cousas ás que normalmente non nos deixan nin acercarnos ). Estas fotos son para papá e mamá para que vexan que ben o pasamos e canto aprendemos coas cousas de andar por casa.

 

ESTIMULACION MOTORA

Os primeiros días estábamos case sempre tumbadiños/as pero pronto conseguimos sentarnos. Pouco a pouco comezamos a gatexar e a poñernos de pe. E xa por por fin nos soltamos a andar,so quedan as dúas peques da aula pero non tardarán moito. Aquí van estas fotos para que vexades os nosos progresos.

 

RELAXACION

Cando eramos mais pequeniños/as necesitabamos descansar e ralaxarnos moito, e un momento realmente restaurador, mirade, mirade que cariñas temos!!!

 

AS RUTINAS DE AULA

Ao longo de todo o curso os nenos e nenas da nosa escola estivemos traballando as rutinas diarias;momento da gaieta, aseo, comedor…
Aquí tedes unha pequena mostra de todo o que traballamos.

Na Aula Amarela comezamos por ir comendo nos soíños, primeiro custou un pouco, pero mirade que ben o facemos agora!!

 

A segunda gran adquisición deste curso foi comezar a usar o penico, gozar e facernos amigos del.

Aqui vai unha pequena mostra  de como pouquiño a pouquiño nos imos facendo maiores!!!

OBRADOIRO DE COEDUCACIÓN

A pasada semana na Aula Amarela levamos a cabo un obradoiro de coeducación; a encargada de poñelo en marcha foi Noemí, a nosa compañeira en prácticas.

Mirade que ben o fixo, e como gozaron as criaturas xogando por igual nenos e nenas con todos os xoguetes. Senón mirade a Alex que non se separa da sua boneca e como disfrutan as nenas xogando co garaxe.

A verdade é que os nosos pequenos e pequenas disfrutaron con delicia desta actividade e aqui vai unha pequena mostra.

 

OBRADOIRO DA FARIÑA

Na Aula Amarela realizamos o Obradoiro da Fariña.Que ben o pasamos!

Gozamos e disfrutamos manipulando un elemento tan curioso como é a fariña; tan finiño e suave, Sabedes? aprendemos a manipulalo a trasbasalo,a espolvorealo…

Gozamos manchandonos e escribindo con ela!!

As crianzas da aula amarela cremos que o mellor é que o miredes por vos mesmos, Pasase, Pasade e mirade!!

 

OBRADOIRO DE PAPEL

As aulas de 1-2 fixemos cos nenos o obradoiro de papel. Foi unha experiencia totalmente recomendable xa que os nenos disfrutaron moitísimo. Non hai mais que velos.
 
AULA MORADA

 

AULA LARANXA

obradoiro-de-papel

AULA AMARELA

 

ANIVERSARIO DE ADRIAN E TANIA

Na aula Morada estivemos de celebración porque Adrián e Tania cumpliron 2 aniños; xa están feitos uns mozos!!!. Pasárono en grande celebrando o aniversario cos compañeiros da escola.

 

 

OBRADOIRO DE LEGUMES

Na aula Laranxa os nenos tomaron contacto con distintas legumes neste orixinal obradoiro. Como podedes ver estaban entusiasmados e sorprendidos.