Arquivos de: Maio 24, 2010

OBRADOIRO DE COEDUCACIÓN

A pasada semana na Aula Amarela levamos a cabo un obradoiro de coeducación; a encargada de poñelo en marcha foi Noemí, a nosa compañeira en prácticas.

Mirade que ben o fixo, e como gozaron as criaturas xogando por igual nenos e nenas con todos os xoguetes. Senón mirade a Alex que non se separa da sua boneca e como disfrutan as nenas xogando co garaxe.

A verdade é que os nosos pequenos e pequenas disfrutaron con delicia desta actividade e aqui vai unha pequena mostra.

 

OBRADOIRO DA FARIÑA

Na Aula Amarela realizamos o Obradoiro da Fariña.Que ben o pasamos!

Gozamos e disfrutamos manipulando un elemento tan curioso como é a fariña; tan finiño e suave, Sabedes? aprendemos a manipulalo a trasbasalo,a espolvorealo…

Gozamos manchandonos e escribindo con ela!!

As crianzas da aula amarela cremos que o mellor é que o miredes por vos mesmos, Pasase, Pasade e mirade!!