Arquivos de: Maio, 2010

OBRADOIRO DE PINTURA

Os nenos da aula Morada pasarono en grande no seu obradoiro de pintura, como podedes ver son uns auténticos artistas.

@s seus compañeir@s da aula amarela non quiseron ser menos e gozaron coma toliñ@s pintando, usando diferentes rodiños e pinceis e ata comendo a pintura!

Mirade, mirade!

 

AS LETRAS GALEGAS

Na nosa escola estivemos a disfrutar da festa das nosas letras, para iso manipulamos utensilios típicos do agro, e a estrela foi o sacho, a todos nos encantou manipulalo, incluso a profe Tere se animou e se vestiu como a típica avoiña galega. A verdade é que o pasamos xenial manipulando este utensilio tan curioso como e o sacho.

 

Na aula amarela estivemos facendo ao longo da semana uns traxeciños rexionais para poder lucir o día da festa coas nosas mellores galas. A verdade é que o pasamos moi ben bailando,rindo, dándonos bicos… ata tirando algunha que outra foto de grupo como recordo do día das letras galegas.

Mirade que ben o pasamos!!!

 

Outra actividade que fixemos no cole e que a todos e todas nos encantou foi o visionado en ordeador dun pase de fotografias de lugares, utensilios e aparellos tipicos da nosa contorna; dos nosos pobos, incluso recollemos nas aulas fotografías dos horreos, pallozas e lagares dos nosos, tios, avos, curmáns!…

Queredes ver o que vimos nas aulas?…Pois aqui o tedes!

 

Para rematar; na aula amarela fixemos un fermoso mural no que colaboramos todos; cada neno e a sua familia trouxeron da casa unha ou varias fotografías do seu pobo ou do pobo dos avos, e entre todos xuntamos un fermoso “collage” de Pontevedra onde aparecen, galiñas, vacas, lagares de pedra, cuncos, horreos, cruceiros…

As nosas crianzas xunto coas educadoras recortamos o papel continuo para facer o mural e entre todos escollemos as letras para decoralo.

Mirade que fermoso traballo en equipo!

 

Mirade que fermoso resultado!

OS MAIOS

Os nenos da  escola de poio estiveron toda a semanda adicada a festividade dos maios a realizar diferentes actividades relacionadas con dito tema e o Venres fixemos unha gran festa.

 

OBRADOIRO DE CHOCOLATE

Os nenos de algunhas aulas da escola de Poia fixeron un obradoiro moi moi doce, “o obradoiro de chocolate”. Pasarono de maravilla pintando e comendo.

AULA MORADA

AULA AMARELA

 

RELAXACION NA AULA AZUL

Despois de chorar un pouquiño,” pero so un pouquiño papis”, necesitabamos todos un  pouquiño de tranquilidade. gustannos moito estes momentos.

XA CHEGOU A PRIMEVERA

Na aula Amarela estivemos traballando moito durante toda a Primavera; Manipulamos flores, fixemos un mural con elas, pintamos un mural moi chulo de bolboretas, flores e arañiñas (todo feito solo con pintura de dedos e as nosas pegadas), estampamos follas de flores e árbores para facer bolboresta…Uf cantas cousiñas fixemos! Ata sementamos leitugas, cebolas, lentellas…

A verdade e que disfrutamos moito manipulando a pintura de dedos e as flores naturais, pero descubrimos que as flores non saben moi ben que digamos!, día a día descubrimos cousiñas novas a través dos nosos sentidos e experienzas.

Aqui vos mandamos un pequeno resumo de todo o ben que o pasamos, inda que de seguro que se nos esquence algo.

Tamen os nenos da aula morada traballamos moito con motivo de esta estacion tan fermos; fixemos unha abelliña para adornar a aula, fixemos flores, manipulámolas, pintamos motivos propios de dita época.

OS ANIVERSARIOS DA AULA LARANXA

Aqui vos deixamos unha mostra do ben que o pasamos cando estamos de aniversario, e é que non hai nada mellor que celebrar un ano mais con vos amigos.

montaxes-aniversarios

VISITANOS A POLICIA

Na nosa escola estivemos a traballar os empregos e para axudarnos veu a visitarnos a policia co seu coche e coas suas motos facendo as delicias dos nosos cativos.Non hai mais que ver as suas caras

 

MIGUEL E ARIADNA XA TEÑEN 2 ANOS

Estes dou pícaros da aula Morada estiveron de aniversario e celebrárono na escola xunto con todos os seus compañeiros. Comeron torta, beberon zume, decoraron as suas coroas…, en fin, pasárono en grande. FELICIDADES NENOS!!!!!!