JORGE XA TEN 2 ANIÑOS
30 Xun 2010
30 Xun 2010
28 Xun 2010
O persoal da E.I de Poio quere dar as grazas a concellería de Educación do Concello de Poio e a AMPA “Polo Pepe” pola sua colaboración na festa de fin de curso.
Os/as nenos/as, as familias e todo o persoal gozamos de un día fantástico no parque de Lourido onde fixemos diversos xogos como o “paracaídas” e “camiño de xornais”, taller de maquillaxe e de globoflexia e unha gran merendola para todos; todo esto acompañado en todo momento das mellores cancións. Foi unha festaza e senón mirade.
13 Xun 2010
Na nosa escola algunhas clases fixemos esta actividade que tanto dou de si que tan ben fixo que o pasaran os/as nosos/as nenos/as. A textura da xelatina, a sua cor e o seu sabor tan rico chamoulles moitisimo a atención. E unha actividade moi recomendable e senon mirade o resultado.
AULA MORADA
12 Xun 2010
Na aula Morada estivemos de celebracion porque a nosa Lucia xa ten dous anos. Como disfrutou cos/as seus/suas compañeiros/as da festa que lle fixemos.
10 Xun 2010
Os/as nenos/as da Aula Morada fixemos uns bonecos con material de refugallo; para tal cousa empregamos botes de iogurt de beber que foron pintados por nos e decorados posteriormente con gomets. Logo enchemolos de area para que tiveran peso, enchemos uns globos con arroz para facer pelotas que serían as cabezas e por último con rafia fixemoslle o pelo. Mirade que preciosidade!!!!
03 Xun 2010
Na aula amarela estivemos traballando os medios de comunicación; prensa escrita, correos, o teléfono… pero o maior “exitazo” na nosa aula foi unha pequena radiocasete, desas antigas coa que fedellamos a pracer e incluso tivemos sesión de discoteca ( Itziar fixo de pincha discos e Aarón e Aitor de bailaríns)
Pasade a nosa aula e oir, ver e escoitas!!!