PARABENS MIKEL
27 Ago 2010
27 Ago 2010
27 Ago 2010
Na nosa escola fixemos xeos de distintos sabores para que os/as nenos/as os probaran. Habiaos de fresa, de cola, de auga con limón, de cola cao, de iogurt…. estiveron encantados/as cos seus mini xeados.
27 Ago 2010
A degustación de distintas froitas da época fixeon as delicias dos/as nosos/as cativos/as que as manipularon, as provaron e incluso repetiron.
19 Ago 2010
Na Escola Infantil de Poio aproveitando estes días de tanto calor fixemos unha actividade de pintura corporal cos/coas nosos/as nenos/as.Nun primeiro momento costoulles un pouco enzoufarse pero de seguida lle colleron o gusto e acabaron por pintarse mutuamente e pintarnos a nos, estas imaxes falan por si soas
16 Ago 2010
Alex da aula Morada cumpliu xa 2 aniños e celebrouno cos/coas seus/suas compañeiros/as cunha torta riquísima que trouxo para compartir. Pasárono de medo. Parabén Alex!
13 Ago 2010
Fixemos cubiños de xeo con folla e limón no seu interior e demosllos as crianzas para que os manipularan. Non tiñan moi claro o que era e para que polo que lle deron diferentes usos, no que si coincidían todos/as era en que estaba moi frio!!!
13 Ago 2010
Como non todos as crianzas están de vacacións quixemos que as que estan no cole tiveran tamén un anaquiño de praia e por iso lle trouxemos area para que xogaran e sentiran o verán ainda máis. Mirade que ben o pasaron
13 Ago 2010
Na nosa escola aproveitando estes días de calor deixamos que as crianzas experimentaran libremente con auga e xabón. Puxeronse coma pitos pero disfrutaron enormemente da actividade