Arquivos de: Agosto 13, 2010

ESTA FRIO!!!!

Fixemos cubiños de xeo con folla e limón no seu interior e demosllos as crianzas para que os manipularan. Non tiñan moi claro o que era e para que polo que lle deron diferentes usos, no que si coincidían todos/as era en que estaba moi frio!!!

XOGAMOS COA AREA

Como non todos as crianzas están de vacacións quixemos que as que estan no cole tiveran tamén un anaquiño de praia e por iso lle trouxemos area para que xogaran e sentiran o verán ainda máis. Mirade que ben o pasaron

 

AUGA E XABON

Na nosa escola aproveitando estes días de calor deixamos que as crianzas experimentaran libremente con auga e xabón. Puxeronse coma pitos pero disfrutaron enormemente da actividade