Arquivos de: Setembro, 2010

ANIVERSARIOS DE SODA, SABELA E AARON

O DITO, QUE NA AULA MOSTEIRO SEGUIMOS DE FESTA. AARON, SABELA E SODA CUMPLIRON 2 ANOS E COMO NON PASAMOLO EN GRANDE, MIRADE MIRADE

cumple-soda-sabela-e-aaron

 

PARABENS SARA, CLARA E TOMAS

Na aula Mosteiro estivemos de festa por triplicado porque os/as nosos/as nenos/as vanse facendo maiores. Esta vez foron Clara, Sara e Tomás os/as protagonistas e pasámolo todos de maravilla.

nueva-muvee-006

nueva-muvee-007

PRIMEIRO DIA DE ESCOLA

Para que as crianzas afrontaran o primeiro día de escola dunha forma o mais tranquila posible na nosa escola decidimos facer unha xornada con pais para que xuntos fixeran unha actividade na aula.Estas son algunhas mostras do seu traballo en equipo e tamén de como se foron adaptando os nosos/as nenos/as nos primeiros días.

Aula Mosteiro

Na aula mosteiro o primeiro día de cole fixemos unha casiña con pasta de papel coa axuda dos pais e nais que acudiron e nos dias posteriores pintarona. A adaptacion dos nenos non tivo maior problema xa que todos agas unha eran nenos que xa estaban no cole en anos anteriores.

AULA COMBARRO

As crianzas da Aula Combarro o primeiro día de cole crearon a sua mascota “Roque” que recibiu o seu nome en honor o patron da Vila de Combarro ” San Roque”. Pasámolo PIPA!!!

 montaxe-periodo-de-adaptacion-7

AULA CASTROVE

 

AULA LOURIDO

Como comeza un novo curso, a aula de 0-1 “Lourido” presenta os seus novos membros; O 1º dia do período de adaptación convidamos as/os nais/pais cas/os nenas/os par facer unha actividade e asi intentamos que fose menos a sua inquietude; Como xa dixemos a nosa aula chamase “LOURIDO”, enton polo nome faremos un esforzo e pasaremos todo o ano a disfrutar na praia, añadimos algun momento para que o observedes.

aula-louridopreiodo-de-adaptacion

AULA PETROGLIFOS

 
Mirade que ben o pasamos coñecéndonos todas e todos o primeiro día de escola. Primeiro falamos un ratiño para coñecernos mellor e despois fixemos un petroglifo coma os de verdade!
Foi un día de moitas emocións, agora toca acostumarnos un pouquiño as rutinas do cole. Xa vos iremos contando como vamos pouco a pouco. Bicos.
Aula Muíños
A aula de Muíños davos a Benvida a todas e todos amosándovos o noso traballo no primeiro día da escola que fixeron os nosos pequenos e pequenas artistas xunto coas súas familias.Que ben o pasamos!!
  

 AULA ILLA DE TAMBO

Na aula da illa de Tambo, comezamos con moita ilusión e moitas gañas de aprender por iso xa o primeiro día estivemos a experimentar pintando coas nosas manciñas; e despois fixemos un gran mural; mirade agora as nosas mans semellan peixiños que van polo mar,…

 

COMEZA O NOVO CURSO

O Equipo Educativo da Escola Infantil de Poio está preparado para empezar con forza o novo curso e o primeiro que queremos facer e presentarnos formalmente asi que … AQUI ESTAMOS!!!!!!!

mi-pelicula

PARABENS MARINA

Na aula amarela estiveron de celebración porque Marina xa é maior e é que xa cumpliu 2 aniños e quixo celebralo por todo o alto cos/coas seus/suas compañeiros/as