Arquivos de: Xaneiro, 2012

As ameixas fixemos as nosas garavatas para a festa de fin de ano, con só cartolinas e pintura fixemos unhas garavatas chulísimas.

 

Pois aquí estamos os berberechos, nesta ocasión queremos ensinarvos como fixemos os renos de nadal que tan fermosos nosn quedaron.

Primeiro manipulamos e amasamos a arxila, logo estirámola con rodillos, logo empregamos os moldes para cortar a arxila e para rematar pintamos os renos con pintura dorada e lle engadimos purpurina.

Mirade que fermosísimos nos quedaron!!!

A POSTAL DE ANINOVO DOS MEXILÓNS

Os mexilóns felicitamos as nosas familias a entrada neste ano cunha orixinal postal feita por nós mesmos. Morade como fixemos a postal pasiño a pasiño.

AS MARACAS DE REFOUGALLO

Non todo é consumismo no nadal, e así o quisemos demostrar as ameixas, por iso fixemos unhas maracas para xogar nas nosas casas con elas, e así sin gastar cartos fixemos uns divertidos e económicos xoguetes.

Estamos feitos uns campións e campionas da reciclaxe e o aforro( jeje)!!!

AS EXPERIENZAS DAS ESTRELIÑAS

As estreliñas non precisamos moito para experimentar e descubrir novas cousas, así cuns frasquiños de cristal pasamos unha xornada divertida con esta actividade, como podedes ver manipulamos os botes, descubrimos que están un pouco frios, son duros, transparentes…

Este mundo está cheo de cousiñas para que nos descubramos!!!

Esta nadal moitas foron as actividades que levamos a cabo os berberechos, pero unha das máis saborosas foi a da enchente que nos pegamos a base de turrón, mazapáns, e melindres variados.

E nada máis que contarvos, solo que… Ummmm que ricos que estaban!!!

Na aula das ameixas seguimos de festexos, nesta ocasión foi o turno do noso  amiguiño Matías. Pero que ben o pasou facendo a súa coros de principe das ameixas; pero o que máis lle gustou foi compartir unha rica merendola cos seus amiguiños.

Noraboa Matí!!!!

 

MUSICA E PANDERETAS EN NADAL

Como ben Sabedes tod@s, os mexilóns somos uns autentic@s festeir@s, e con tan só unhas panderetas e pouco máis nós soíños armamoss a festa completa. Pero o mellor é que o vexades por vos mesmos.

NEVE NA AULA DAS AMEIXAS!!!

Pero que frío dixo este inverno!!!

As ameixas non necesitamos moito para experimentar ao mesmo tempo que gozamos descubrindo novas texturas e inventos; así que unha tarde de moito frío decidimos facer a nosa propia neve, e só precisamos un raiador e porespan reciclado dunha caixa de embalar un electrodoméstico.

Mirade que divertido foi experimentar co raiados.

Logo foron as profes quenes raiaron no porespanpara que nos gozásemos xogando coa “neve”.

Que diver!!!

As estreliñas experimentamos con lanternas, aproveitamos o nadal para imitar as luces que había nas árbores de nadal e as luces que engalanaban as rúas.

Mirade que ben o pasamos e que grandes investigadores estamos feitos!!!