EXPERIENCIA SENSORIAL CON FARIÑA

Non hai mellor forma de aprender que experimentando e xogando, así que as ameixas decidimos coñecer o noso corpo a través do sentido do tacto.

Esta foi a primeira actividade que fixemos o grupo de tarde para traballar o centro de interese “teño duas orellas”, para tomar conciencia do noso corpo comezamos por manipular libremente a fariña, a súa textura, a súa cor, o seu sabor… Noutra sesión engadimos auga a fariña e experimentamos por nós mesmos como a fariña ía cambiando de textura a medida que engadimos a auga e amasamos. Foi unha gran experiencia.

Foi divertidísimo e esperamos que as profes nos deixen repetir pronto!!!

TrackBack URI | RSS para os comentarios desta anotación


Deixar un comentario

Imaxe
Nova imaxe Actualizar imaxe