Arquivos de: Marzo, 2012

OBRADOIRO DE xABRÓN NA AULA DOS BERBERECHOS

Moito experimentamos os berberechos ao longo de todo o  mes de febreiro; nesta ocasión realizamos un divertido e interesante obradoiro de xabrón.

Os berberechos aprendemos moitas cousas; como que o xabrón seco agarrase moi ben, pero mollado escorrega polas mans,  ademais mollado desprende as fragancias coas que está impregnado ( xabrón de fresas, xabrón de mazá, xabrón con glicerina…) cada un ten un olor diferente e moi rico. Tamén descubrimos como se o frotamos moito fai espumiña…

Que divertido!!!

Mirade que ben o pasamos as ameixas facendo unha rica e fresquiña receita de cociña. Unha mousse de limón.

Despois de que a profe Iratxe cóllese un par de limóns da árbore da escola, nós exprimímolos cun expremedor eléctrico. Logo engadimos o leite condensado, a raiadura de limón e a nata montada.

Para rematar démoslle ao botón de encendido da batedora, para rematar montamos a nata remexendo moito e moi amodiño.

O derradeiro paso foi engadir as virutiñas de chocolate e… a comer!!!

OBRADOIRO DE FARIÑA NA AULA DOS BERBERECHOS

Como se fosemos auténticos panadeiros, os berberechos manipulamos e amasamos na fariña con moito estilo. Mirade que ben se nos da, e que ben o pasamos neste obradoiro.

MOMENTOS DE LECER DOS MEXILLÓNS

Pois como veredes non todo é traballar e aprender, os mexillóns gozamos de aproveitar cada momento para divertirnos, ben sexa no momento do comedor, cando realizamos xogo libre, e cando xogamos en grupo. Pero co que gozamos moitísimo é co momento do patio; subimos, baixamos, corremos, axudámonos…

Pero o mellor será que o vexades vós mesmo!!

Durante o centro de interese dos empregos as ameixas fomos reposteiras, limpadoras, amas de casa… pero o que máis nos gustou foi… ser cociñeiras. Nesta ocasión queremos compartir con vós a experiencia tan divertida que puxemos en práctica como cociñeiras. Fixemos unha rica, sinxela e saudable receita de cociña. Tomates recheos!!!

Primeiro misturamos ben todos os ingredientes ( Atún, millo doce e manteiga)

Logo as profes partiron os tomates a metade e nós quitamoslle a carne para engadirlla ao recheo.

Para rematar aliñamos os tomates con sal, aceite e vinagre e… A comer!!!

O ANIVERSARIO DE KEVIN

Os berberechos festexamos o aniversario do noso compañeiro Kevin por todo o alto; todos xuntos fixemos a coroa de Rei para o noso amiguiño e despois comemos a rica torta de chocolate que nos trouxo xunto co rico zume de laranxa.

Outro obradoiro que puxemos en marcha os berberechos foi o de pan raido, onde manipulamos, experimentamos e xogamos con tan curioso elemento.

Mirade que ben o pasamos!!!

Mirade que ben o pasamos os mexillóns coa visita da Policia Local de Poio. Pero n on nos enganemos, houbo algunha que outra compaleira a que non lle guatou o sons das sereas e a súa cor azul intenso; pero en xeral a visita foi todo un éxito.

Grazas por cisitarnos un ano máis!!!

AS AMEIXAS SOMOS LEÑADORES!!!

Pero que divertido foi este centro de interese!!!

Nesta ocasión coñecemos o emprego de leñador, e nada mellor que experimentar as sensacións que produce a motoserra ao cortar os troncos das árbores, iso si, sempre respetando as medidas de seguridade co gorro e os guantes de seguridade.

Somos uns profesionais da motoserra!!!

MANIPULAMOS UTENSILIOS DE COCIÑA

Os berberechos aproveitamos este centro de interese para manipular os utensilios de cociña e imitar aos nosos papás e mamás, cando chegan a casa e poñense a cociñar.