Arquivos de: Marzo 2, 2012

OBRADOIRO SONORO NA AULA DAS AMEIXAS

O pasado mes de xaneiro foi moi intenso, traballamos a vista, o olfato, o gusto, o tacto e o oido.

Nesta ocasión o grupo de tarde queremos compartir con vós unha sesión moi sonora na que o pasamos xenial, como autenticos profesionais da música.

OBRADOIRO DE LUZ NA AULA DOS MEXILLÓNS

Unha actividade que nos gustou moito aos mexillóns foi o obradoiro de luz, no que xogamos con lanternas e con luces de cores, ademais descubrimos que a ausencia de luz non nos asusta nadiña.