Arquivos de: Marzo 7, 2012

Como xa vos comentamos, tivemos a gran sorte decontar con tod@s vós para pasar unha fermosa tarde xunt@s confeccionado os disfraces dos nosos caramuxiños. O resultado final foron uns mariñeiriños ben xeitosiños.

Os mexillóns pintamos con rodiño un colorido barco para desfilar polas rúas de Poio este entroido; como vedes somos uns artistas da pintura de dedos.

… E aquí tendes o resultado final de tanto traballo e esforzo… Unha gran festa de entroido coas nosas familias!!!

FACEMOS A CARROZA PARA O DESFILE DE ENTROIDO

Aquí estamos as estreliñas de mar confeccionando o fondo da nosa carroza para o desfile de entroido da escola. Como podedes observar traballamos como autenticos pintores de brocha gorda para que o resultado fose moi fermoso e colorido.

O primeiro que fixemos foi pintar as ondas do mar.

O seguinte foi pintar coas nosas mans o papel co que logo faríamos os nosos gorros de mariñeiros.

ALVARO E LARA SOPRANDO A SÚA CANDEA

Alvaro e Lara pasárono moi ben soprando a súa terceira candea de aniversario, escoitade que o ben que lle cantas os seus compañeiros a canción do aniversario feliz, e que ben sopran os nosos xemelgos a candea.

p2161916