AQUÍ ESTAMOS OS CARAMUXOS LEÑADORES
19 Mar 2012
19 Mar 2012
19 Mar 2012
19 Mar 2012
As estreliñas, ainda que somos os máis novos da nosa escola, gustamos de experimentar e xogar igual que os nosos compañeiros; por iso aproveitamos este centro de interese para coñecer un pouquiño mellor o emprego das perruqueiras e perruqueiros. Recordade que a mellor forma de aprender é xogando…
Como podedes ver apuntamos maneiras, e en breve seremos grandes profesionais da perruquería.
Para comezar con este centro de interese manipulamos e xogamos cunhas tarxetiñas moi divertidas; despois de que as profes nos ensinaran estas tarxetñas na asemblea e faláramos un pouquiño dos empregos que aparecen en cada unha de elas, xogamos e manipulamos os cartonciños, buscamos as parellas… Foi unha actividade moi entretida e relaxada.
Mirade que ben o pasamos!!!
19 Mar 2012
Aproveitando o centro de interese dos empregos convidamos ao papá de Alejandra a vir á escola a ensinarnos un pouquiño da súa gran paixón… A música; así que como todo un super papá que é, acompañounos nunha divertida xornada na que nos ensinou o seu violonchelo e a súa guitarra.
Como podedes apreciar, as explicacións que nos dou foron moi boas, e pasámolo xenial no concerto.