Arquivos de: Marzo 21, 2012

OBRADOIRO DE FARIÑA NA AULA DAS ESTRELIÑAS

Panadeiros o que se dí panadeiros non seremos… pero que ben traballamos coa fariña; amasamos, pisamos, comemos… en resumo facemos o que máis nos gusta : experimentamos por nós mesmos.

ANIVERSARIO DE HÉCTOR

A semana pasada festexamos o aniversario do noso compañeiro Héctor. Despois de facer a súa coroa de Rei dos berberechos, o noso amiguiño soprou a súa candela e todos xuntos comemos da rica torta de chocolate e bebemos o zume de melocotón.

Gracias por compartir este día connosco Héctor!!!

Un dos obradoiros co que máis gozamos os mexillóns foi o de reposteiros, cociñamos cunha pequena axuda unha rica e saborosa mousse de limón.

Primeiro manipulamos os utensilios e ingredientes da receita. O seguinte paso foi expremer os limóns… entre paso e paso catamos a mousse, ummm que rica.

E despois de engadirlle a nata montada e o leite condensado, metemos todo na batidora… Canto ruido fai!!!

E o derradeiro paso foi engadirlle virutiñas de chocolate.

UMMMM!! Que rico!!!