Arquivos de: Marzo 24, 2012

AS AMEIXAS SOMOS LEÑADORES!!!

Pero que divertido foi este centro de interese!!!

Nesta ocasión coñecemos o emprego de leñador, e nada mellor que experimentar as sensacións que produce a motoserra ao cortar os troncos das árbores, iso si, sempre respetando as medidas de seguridade co gorro e os guantes de seguridade.

Somos uns profesionais da motoserra!!!

MANIPULAMOS UTENSILIOS DE COCIÑA

Os berberechos aproveitamos este centro de interese para manipular os utensilios de cociña e imitar aos nosos papás e mamás, cando chegan a casa e poñense a cociñar.

Mirade que ben o pasamosos caramuxos co coche da policia e coa sús moto, inda que houbo algún copañeiros que se asustou un pouquiño coas sereas dos vehículos.

SESIÓN COS PUZZLES

Na nosa escola sempre que traballamos os diferentes centros de interese intercalamos as actividades específicas dos mesmos coas actividades motrices e rutinarias que poñemos en marcha ao longo de todo o curso. Nesta ocasión queremos compartir con vós algunha sesión de traballo cos puzzles; grazas a eles traballamos a coordinación oculo-manual, a moticidadade fina, a pinza…

Mirade que ben o pasamos mentres estimulamos os nosos sentidos!!