Durante o centro de interese dos empregos as ameixas fomos reposteiras, limpadoras, amas de casa… pero o que máis nos gustou foi… ser cociñeiras. Nesta ocasión queremos compartir con vós a experiencia tan divertida que puxemos en práctica como cociñeiras. Fixemos unha rica, sinxela e saudable receita de cociña. Tomates recheos!!!
Primeiro misturamos ben todos os ingredientes ( Atún, millo doce e manteiga)
Logo as profes partiron os tomates a metade e nós quitamoslle a carne para engadirlla ao recheo.
Para rematar aliñamos os tomates con sal, aceite e vinagre e… A comer!!!



















