OBRADOIRO DE xABRÓN NA AULA DOS BERBERECHOS
31 Mar 2012
Moito experimentamos os berberechos ao longo de todo o mes de febreiro; nesta ocasión realizamos un divertido e interesante obradoiro de xabrón.
Os berberechos aprendemos moitas cousas; como que o xabrón seco agarrase moi ben, pero mollado escorrega polas mans, ademais mollado desprende as fragancias coas que está impregnado ( xabrón de fresas, xabrón de mazá, xabrón con glicerina…) cada un ten un olor diferente e moi rico. Tamén descubrimos como se o frotamos moito fai espumiña…
















