Arquivos de: Abril, 2012

AS NOSAS MANS SON UNHA OBRA DE ARTE!!

As ameixas fixemos as nosas mans sobre arxila branca, para despois pintala con pinceis. O resultado final foi unha fermosa man que levamos para a casa moi contentos e fachendosos do maiores que somos e o ben que traballamos.

Que divertido é vir a escola a aprender cousiñas novas!

E velaquí o resultado final!

UNHA ESCULTURA MOI PERSOAL… A NOSA MAN

Os berberechos fixemos unha orixinal e persoal escultura, a nosa man!! Cada nen@ manipulou libremente a arxila e lle deu formas, cando xa estaba brandiña estampamos as nosas mans sobre ela e deixamos a nosa pegada, ao secar as pintamos con rodillo e pintura de dedos.

Aquí tendes esta obra de arte dos berberechos.

A ESCULTURA DA NOSA MAN

A derradeira escultura que fixemos os mexillóns foi a nosa propia man, foi moi sinxelo; primeiro estampamos a nosa man en arxila branca e cando secou pintámola con pintura de dedos e pinceis.

Aquí tendes o proceso de tan insigne obra de arte.

A TÉCNICA DO SOPLIDO DE PINTURA

As zamburiñas, ao igual que as nosas compañeiras as Xoubiñas, prácticamos o soplido, ao mesmo tempo que fixemos unha orixinal composición pictórica sobre cartón reciclado.

Aquí tendes un pequeno bocexo do grandes artistas que estamos feitos e como sopramos e resopramos.

SOPRAMOS A PINTURA CON PALLIÑAS

Os maiores da escola aproveitamos o centro de interese que versaba sobre a arte para practicar algo tan importante como “o soplo”, por iso fixemos un mural  con pintura de dedos líquida e palliñas e como podedes ver, sopramos e resopramos, igualiño que o lobo dos tres porquiños.

XICES DE CORES NA AULA DAS AMEIXAS

As ameixas experimentamos cos xices de cores; Que ocurre se a unha pouquiña de auga lle engadimos azucre? e se nese azucre mollamos xices de cores para pintar con eles sobre cartolina negra?

Exte experimento foi moi doce, divertido e pegañento. O grupo de tarde pasámolo xenial pintando cos xices azucarados, o efecto final sobre a cartolina é diferente ao que se espera, pois ao secar queda a cor do xiz mezclado co azucre e a textura é diferente. O máis dificil foi pintar cos xices, xa que ao impregnarse da auga azucarada o seu tacto era pegañento, por exemplo a nosa compañeira Malusa se lle fixo un pouco raro utilizar esta técnica de pintado, pero Manuel, Matias, Carla e Mariela pasárono xenial!!!

PINTAMOS CON XICES SOBRE CARTOLINA

Foi moi interesante comprobar como os xices de cores ademáis de servir para pintar sobre as pizarras tamén se poden utiizar para pintar sobre cartolina.

Os berberechos fixemos uns fermosos cadros con esta curiosa mezcla ( xices-cartolina).

ARTE ALTERNATIVA NA AULA DOS CARAMUXOS

A que nunca vistes un cadro feito coa técnica do secador?, pois @s Caramuxos pasámolo xenial vendo como as ceras de cores se derretían mentres lle axudamos a profe Nere a aplicarlle calor cun secador do pelo.

Mirade que divertido foi!!!

E velaquí o resultado final!!!

Ós mexillóns fixemos un fermoso gatiño con macarróns, empregando a técnica do collage. Primeiro pintamos a pasta con diferentes cores, e despois de secar a pegamos sobre a cartolina co debuxo do gatiño. Para rematar esparcimos arroz  arredor do gato… pero o mellor é que o vexades por vós mesmos.

Velaquí o resultado final!!!

O COLLAGE FLORAL DAS ESTRELIÑAS

Velaquí unha mostra máis de como as Estreliñas, aínda que con un ano recen cumprido, somos unhas grandes traballadoras que gozamos manipulando e explorando grazas as posibilidades e situacións que nos aportan as nosas profes, así que aquí vos deixamos a nosa obra de arte ” Primavera”