Arquivos de: Abril 19, 2012

CORRE, CORRE CABALIÑO…

Os cabaliños son animais moi grandes nos que nos podemos montar, se non nos credes mirade que ben o pasamos as ameixas xogando e montando ao lombo destes dous fermosos cabalos, un é o “cabalo Pichirico” e o outro é o cabalo ”Rodeo” que relincha e fai moito ruido. Que divertido!!

A OVELLA DAS ESTRELIÑAS

Inda que somos pequech@s, mirade como traballamos as estreliñas para facer unha ovella para adornar a aula!

Durante o proceso de elaboración da ovella aprendimos moitas cousiñas, como que o algodón e moi suave e fai cóxegas, que as ovellas son brancas, que coas nosas mans podemos manipular, pegar, pintar… Que ilusionante é isto de aprender cousiñas novas todos os días.

AS TARTARUGAS VISITAN AS AMEIXAS

Outra visita moi agradable que tivemos as ameixas foi a das tartarugas “Trancas e Barrancas” quenes se portaron moi ben.

A nós encantounos coidalas e darlles de comer; primeiro xogamos un pouquiño con elas e démoslles moitos mimos e achuchóns, logo enchemos a súa casiña con auga, engadímoslle un líquido para que a auga non lle fixese dano e por último démoslle de comer.

Mirade que grandes coidadores estamos feitos.

OS BERBERECHOS XOGAMOS COS ANIMAIS

As berberechos aproveitamos calquer centro de interese para xogar é divertirnos, pero os animais e un tema co que os nen@s disfrutamos moitisimo, e aprendemos a xogar en grupo e a compartir os xoguetes, xa que as veces nos custa un pouquiño, pero día a día segundo nos imos facendo maiores aaprendemos as normas e pautas de xogo cooperativo.

É que somos uns campións e campionas!!