Ós mexillóns fixemos un fermoso gatiño con macarróns, empregando a técnica do collage. Primeiro pintamos a pasta con diferentes cores, e despois de secar a pegamos sobre a cartolina co debuxo do gatiño. Para rematar esparcimos arroz arredor do gato… pero o mellor é que o vexades por vós mesmos.
Velaquí o resultado final!!!

Velaquí unha mostra máis de como as Estreliñas, aínda que con un ano recen cumprido, somos unhas grandes traballadoras que gozamos manipulando e explorando grazas as posibilidades e situacións que nos aportan as nosas profes, así que aquí vos deixamos a nosa obra de arte ” Primavera”

Ao igual que as nosas compañeiras as xoubiñas, as zamburiñas fixemos uns marcos moi coloridos e fermosos, aínda non sabemos que foto poremos neles, tal vez unha das nosas familias, ou algunha dos nosos compañeiros de aula, ou tal vez a da nosa mascota preferida, pero por agora o que si sabemos é que somos tod@s uns artistas do collage.



Aquí tendes a gran “Obra Mestre” das xoubiñas, como podedes ver traballamos a reo para deixar unha escultura moi colorida e fermosa. É que somos tod@s uns grandes artistas aos que nos gusta fedellar na pintura, na purpurina e nos gomets.

As ameixas estivemos coñenendo a un escultor moi famoso dos Estados Unidos, un tal Alexander Calder ao que lle gustaba facer esculturas cinéticas, é dicir, esculturas en movemento ( e as nosas profes din que nos somos puro movemento e enerxía) así que nos fixo moita ilusión facer esta escultura.
De todas as fotos que nos ensinaron as profes, a que máis nos gustou foi unha con cores moi chamativas e figuras xeométricas que semellaba un móbil como o que moitos de nós temos na casa e como somos tod@s un artistas puxémonos mans a obra para facer unha versión da escultura “ensign lunette”que traducido ao galego ven sendo algo así como “a enseña das gafas”, curioso nome verdade. Pero que fermosa é a escultuta e como nos gustou facela.
Aquí tendes o resultado final; estaredes de acordo con nós que a nosa escultura non difere moito da orixinal, e ademáis quedou mais chula porque foi feita con mateiras de refugallo ( unha caixa de cartón que estaba para guindar no lixo, unha variña que se aproveitou dunha floraría e uns alambres que xa non servían para nada)

