Aos berberechos encántanos as bolboretas, por iso decidimos facer unhas cantas dun modo orixinasl, cunha pouca pintura de dedos e unha cartolina fixamos auténticas marabillas.
As ameixas adicamos a meirande parte desta primaveira a coñecer o fascinante mundo dos caracois, e unha das actividades que fixemos entorno a este animaliño foi a de facer os nosos propios caracois de xoguete. Tan só con retais que había pola escola de papeis de celofán e uns boteciños de iogurt que reciclamos, fixemos esta marabilla de caracois.

çna aula dos Berberechos fixemos unhas floreciñas moi lindas sobre cartolina, o mellor de todo é que as fixemos coas nosas propias mans!!!
Aquí vai unha pequena mostra de como as fixemos.
E aquí tendes o resultado final!!!


Para coidar a natureza, e a nosa contorna non hai nada mellor que reciclar, e os caramuxos decidimos adornar a nosa aula empregando uns papeis de madalenas que tiñamos na aula para facer unhas fermosísimas flores para decorar a aula, e aproveitando os botes de pintura de dedos que estaban por rematar.

Non hai animaliño máis fermoso e representativo da primavera como a xoaniña; e os berberechos quixemos facer unha xoaniña para ter de recordo desta primavera.
Que a auga non ten cor xa o sabíamos, que a auga non ten sabor, tamén o sabíamos que a auga non ule, tamén o sabíamos, que a auga está mollada tamén o sabíamos… o que non sabíamos é que a auga pode tinguirse de moitas cores, e que ao mezclar esas cores estas cambian de cor, pero o mellor de todo é que inda así a auga pode beberse e segue sen saber a nada.
Todo isto o descubrimos grazas a nosa propia experimentación e valentía. Primeiro bebemos a auga que bebemos na nosa escola todos os días, logo lle engadimos colorantes alimenticios, e os mezclamos entre sí para obter diferentes cores, e para rematar os mais valentes catamos esta orixinal auga.
Que divertido é isto de experimentar coa
natureza!!
Pois aquí estamos unha vez máis os caramuxos, para mostrarvos o ben que o pasamos mentres esperimentamos e descubrimos; nesta ocasió tocou o turno a coñecer algunhas propiedades da auga, e as diferencias entre a auga fría e a auga quente.
Pero como gozamos!!!
Cando nós duchamos os nosos papás e mamás empregan auga quentiña, para que non nos tome o frío, pero cando imos de paseo e comeza a chover a auga que cae do ceo está moi fría, mollada e húmida. As profes explicáronnos que case toda a auga que hai na nosa contorna está fría, a do río, a das lagoas, a das praias… e nas casas e na escola temos a auga quente que sae das griferías.
Despois de falar todo isto na asemblea as profes Vane e María Jesús déronnos auga fría e auga quente en cacharriños, para que experimentásemos con ela e notásemos por nos mesmas/os as diferencia e similitudes.
A verdade e que a única diferencia que atopamos foi a temperatura e que a auga quente solta un pouquiño de fume, porque polo demáis a auga é igualiña e non se diferencia en nada, so ao tocala.
Que trebellos tan raros nos traen as profes a escola para observar a natureza, primeiro un microscopio para ver ben grandes aos animaliños pequeniños, e por último un telescópio para ver de preto as plantas, as árbores e ao paxaros que están lonxe da escola.
Xa o dí o refrán; “se queres as comes e se non… as plantas” ou iso é o que decimos os mexillóns, que ademáis de comer ricas lentellas experimentamos con elas e ata as sementamos simplemente cuns algodonciños empapados en auga e un pouquiño de paciencia para esperar a que xerminen.
Que fermoso é observas os cambios que se producen na nosa contorna, ata cos elementos máis sinxelos!!!