Arquivos de: Maio 5, 2012

Pois aquí estamos as estreliñas de mar, para amosarvos como inda que pequech@s, podemos descubrir moitas cousas, e como nos divertimos con esta pintura del pintor, escultor, grabador e ceramista Joan Miró, quen e pregou as súas cores favoritas, o vermello, o azul, o amarelo e o verde. Estas son as cores que máis empregamos na nosa aula, pero a diferencia de artista nos pintamos con pintura de dedos sobre cartolinas e burbullas de plástico e as profes remataron a obra montando as nosas pezas.

… E velaquí a nosa interpretación do cadro “O Nacemento do día” do pintor

QUEREMOSTE IRATXE!!!!

Como todos sabedes, ata fai pouquiño. tivemos a gran sorte de contar na nosa escola cunha gran compañeira, quen mimou, educou e compartiu momentos marabillosos e únicos cos nenos. Por iso o equipo educativo e as crianzas( sobre todos @s mexillóns e @s ameixas) queremos que a profe Iratxe saiba, que sempre terá o seu oco na nosa escola e nos nosos corazón e que sempre lembraremos con agarimo todos os momentos pasados xuntos e todo o que aprendemos e descubrimos con ela.

Un bico moi forte dende Poio Iratxe!!!